Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A oposición a Berlusconi, descabezada

Walter Veltroni dimite como líder do Partido Democrático de Italia

O secretario xeral da formación de centroesquerda tomou a decisión, rexeitada en principio pola coordinadora, logo da derrota nas eleccións en Sardeña.

Redacción - 18:30 17/02/2009
Veltroni abandona o PD

Veltroni abandona o PD

O secretario xeral e líder da formación de centroesquerda italiana Partido Democrático (PD), Walter Veltroni, puxo o seu cargo a disposición da coordinadora da organización, logo da derrota sufrida nas eleccións da illa de Sardeña, segundo informaron os medios locais.

A dereita, liderada a nivel estatal polo primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, arrebatoulle a administración rexional de Sardeña ao centroesquerda nos comicios deste domingo.

Nun primeiro momento, a coordinadora do PD rexeitou a renuncia de Veltroni, argumentando que non estaba en discusión a condución do partido, mais o ex alcalde de Roma ratificouse na súa decisión.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: