Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECONOMÍA

Ence rexistra perdas millonarias e vende a criticada central de Uruguai

A papeleira, que perdeu 93,86 millóns no primeiro trimestre, pon en marcha medidas para frear a caída das súas cifras.

Redacción - 12:00 18/05/2009
Cartel en Entre Ríos, na fronteira arxentina con Uruguai / Flickr: pablodavidflores

Cartel en Entre Ríos, na fronteira arxentina con Uruguai / Flickr: pablodavidflores

Dende xaneiro até marzo, a papeleira Ence perdeu 93,86 millóns de euros, unha cifra que contrasta coas do mesmo período do ano pasado, cando a compañía acadara uns beneficios de 12,39 millóns. A porcentaxe de caída é do 857%, fronte ás cifras de marzo de 2008.

Ante esta situación de crise, Ence xa comunicara en xaneiro a súa decisión de buscar "alternativas estratéxicas" para a execución da súa planta en Punta Pereira (Uruguai), entre as que se incluía a incorporación dalgún socio. Segundo informaban daquela, seis grupos líderes no sector forestal amosaran o seu interese polo proxecto, que incluía a construción dunha terminal portuaria e dunha fábrica de celulosa en Punta Pereira, no departamento de Colonia. A previsión para aquela planta de celulosa era que producise até un millón de toneladas ao ano, e preto dun millón de megavatios de enerxía eléctrica renovábel a partir de biomasa. Porén, foi un proxecto moi contestado por colectivos sociais e ecoloxistas, ademais de crear unha grande controversia internacional entre o goberno arxentino e uruguaio, dado a súa situación fronteiriza, separada só polo Río da Prata.

A situación económica obriga a vender
Agora, a papeleira acordou a venta en metálico destes activos en Uruguai, en concreto aos grupos Stora Enso Oyj e Celulosa Arauco e Constitución, por un importe de 253 millóns de euros, segundo informa a Comisión do Mercado de Valores. O grupo desfaise así do cento por cento das accións e participacións sociais que posúe nas sociedades uruguaias Eufores, Celulosa e Enerxía Punta Pereira, e Zona Franca Punta Pereira.

O acordo implica a transmisión por parte de Ence de preto de 140 mil hectáreas forestais, así como a venta da totalidade do proxecto industrial de construción da planta de produción de celulosa. Pola súa parte, a compañía mantén a propiedade sobre aproximadamente 30 mil hectáreas de plantacións de eucalipto, así como a planta de estelado e exportación de madeira de Peñarol (Montevideo), co obxecto de garantir o subministro de madeira ás plantas coas que conta no Estado Español.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: