Feijoo ofreceulle "colaboración" ao presidente do TSXG para alixeirar os procesos xudiciais e resolver as carencias dos xulgados.
O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, anunciou a posta en marcha dun Plan de medidas urxentes para promover as tecnoloxías da información na Xustiza e así alixeirar os procesos xudiciais no país. Así o avanzou logo de unha xuntanza co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas.
Feijoo ofreceu unha "liña aberta" de colaboración entre o Executivo e o TSXG, para facer fronte ás súas principais carencias. O obxectivo será, segundo explicou o presidente da Xunta, acadar unha coordinación "completa" entre a Xunta e o máximo órgano da Xustiza en Galiza, para o que presentou unha oferta de "acordo" entre as dúas administracións.