Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investigación

A Saba Santa de Turín podería ser un autorretrato de Leonardo Da Vinci

Puido estampar a súa imaxe no lenzo cunha cámara escura, segundo unha investigadora que xa afirmou que el mesmo fora o modelo da 'Mona Lisa'.

Redacción - 14:00 02/07/2009
Leonardo e o sudario

Leonardo e o sudario

A orixe da Saba Santa de Turín volve ser obxecto de polémica. Lillian Schwartz, membro da School of Visual Arts de Nova York (EUA), pon en dúbida unha vez máis a data en que o corpo e o rostro da persoa -que a Igrexa Católica defende, é Xesucristo- quedaron estampados no sudario.

As probas de Carbono 14 realizadas en 1988 mostraron que o lenzo se teceu entre 1260 e 1390, aínda que para a imaxe non hai datación. No entanto, algúns investigadores cuestionaron o exame xa que consideraban que a mostra estaba moi contaminada.

Segundo asegura a estadounidense Schwartz nun documental emitido esta cuarta feira na canle de TV británica Channel Five, o rostro é o do xenio renacentista Leonardo Da Vinci, que o conseguiu plasmar grazas á técnica fotográfica da cámara escura.

Schwartz xa saltara á fama na década de 1980 por demostrar que o autorretrato de Da Vinci e a Mona Lisa tiñan as mesmas proporcións. Agora defende a mesma teoría, en base á utilización de modelos informáticos para escanear o retrato do artista e o rostro do sudario.

Emulsión de ovos e xelatina
De acordo co documental de Channel Five, Leonardo colocou un seu busto fronte a unha cámara escura xigante cunha lente de cristal nun pequeno buraco na parede. A imaxe proxectaríase no lenzo que tería unha emulsión de ovos e xelatina a modo de película fotográfica para facela sensíbel á luz.

Unha vez que os raios de sol pasasen a través deste pequeno buraco a súa efixie aparecería proxectada na saba. Da Vinci era un home fascinado cos equipos ópticos e entre os seus cadernos de notas había un dos debuxos máis antigos dunha cámara escura.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: