Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
para discutir asuntos "decisivos"

O Audiovisual solicita un “cara a cara” con Feijoo

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego lamenta que 2009 estea sendo un "ano negro" para o seu sector.

Redacción / EP - 09:00 07/07/2009

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego solicitou este luns unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, co fin de discutir unha serie de asuntos que consideran "decisivos" para o futuro inmediato do sector en Galiza.

Nunha súa nota de prensa, o organismo expresou o seu "enérxico desacordo" con que o Audiovisual non estea integrado dentro da Consellaría de Cultura e con que as asociacións que o conforman non sexan "recibidas" nin "convocadas" a consulta nun "tema tan importante". A entidade manifestou tamén o seu "malestar" pola tardanza da resolución sobre as competencias do Audiovisual, xa que considera que así se provoca un "retardo na produción" e que se está convertendo 2009 nun "ano negro" para o seu sector. Doutra banda, amosouse partidario de unificar as competencias de fomento, promoción e ordenación nun só organismo.

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego creouse hai pouco co fin de representar á maioría dos profesionais do audiovisual en Galiza, e os seus obxectivos principais son defender e promover o audiovisual galego, así como ser un interlocutor válido diante das autoridades competentes. A entidade está formada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA), e o seu portavoz é Vicente Montoto, á vez membro de AAAG.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: