Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ameaza sobre a embaixada do Brasil

Micheletti suspende por decreto as garantías constitucionais en Honduras

Prohíbense durante 45 días a liberdade de expresión, o dereito de asociación e de tránsito, as concentracións ou os dereitos dos detidos.

Redacción - 09:30 28/09/2009
Soldado, visto desde a embaixada

Soldado, visto desde a embaixada

O goberno golpista de Honduras, mediante un decreto emitido o pasado venres, suspendeu temporalmente a liberdade de expresión, prohibiu as manifestacións e outorgou ás forzas de seguridade a potestade de pechar os medios de comunicación que poidan "alterar a paz" do país, segundo informaron fontes do Executivo presidido por Roberto Micheletti.

O recorte de liberdades aprobouno o consello de ministros o pasado martes, un día despois do regreso de Manuel Zelaya a Honduras, e publicouse na Gaceta (o DOG hondureño) este sábado. O ministro do Interior, Óscar Matute, pide que se actúe contra todos os medios que inciten á violencia.

"Hai un par de medios que, en lugar de promover a paz e a harmonía, sementaron a discordia", indicou Matute. "Moitos confundiron o que debe ser a liberdade de expresión". As autoridades golpistas impediron en varias ocasións que, entre outros, Radio Globo ou Cholusat Sur, favorábeis ao Zelaya puidesen emitir.

En virtude do documento promulgado, suspéndense durante 45 días a liberdade de expresión, o dereito de asociación e de tránsito, e prohíbense todas aquelas concentracións que non sexan autorizadas pola Policía ou polo Exército. Ademais, autorízase ás forzas de seguridade a que leven a cabo detencións sen ordes de arresto previas.

Ameaza sobre a embaixada do Brasil

Ademais, o ministro de Exteriores, Carlos López Contreras, anunciou que "as relacións están rotas" desde o sábado con Brasil, cando emitiu un comunicado dando un prazo de 10 días para que definan o futuro de Manuel Zelaya.

Unha medida, argumentan, de reciprocidade. Foi "Brasil o que rompeu" primeiro co goberno golpista ao cancelar a embaixada hondureña e non recoñecer o persoal laboral diplomático, dixo López Contreras que insistiu en que o "privilexio de Brasil de ter unha embaixada en Honduras acábase en 10 días".

"Iso non significa que o señor Zelaya se vai quedar na rúa ou que ingresaremos á embaixada, senón que a misión diplomática se recoñecerá como unha oficina privada dun goberno estranxeiro", matizou. Porén, un dos medios ameazados, Radio Globo, asegura que xa houbo ataques con "armas químicas".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: