Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROSEGUE O CONFLITO LABORAL

Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar volven á rúa para reclamar a aplicación do convenio

A CIG convoca este martes unha nova folga xeral na que tamén se exixe a readmisión de 61 compañeiros das oficinas de I+B.

Redacción - 11:54 18/01/2010

O Goberno pechou a final de ano as oficinas comarcais de Igualdade e Benestar. En total, 61 traballadoras, contratadas en procesos selectivos organizados polo bipartito, quedaron na rúa. O executivo tomaba a decisión logo de semanas de acusacións cruzadas. A propia secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, chegou a tildar a estes técnicos de “enchufados”. A reacción dos traballadores foi denunciar no xulgado á alto cargo do Goberno por difamación.

Mais o conflito laboral prosegue nun organismo público no que traballan arredor de 1.200 persoas. A CIG, sindicato maioritario no Consorcio, ten convocado para este martes un paro xeral para reclamar a readmisión das despedidas, a aplicación do convenio negociado o ano pasado e a execución das oposicións paralizadas polo novo Executivo. O acto central da folga será unha manifestación que partirá ás 11.30 horas da praza do Toural cara a San Caetano.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: