Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ciclón diríxese xa cara ao norte

'Xynthia' provoca numerosos mortos ao seu paso por Francia

Polo menos 45 persoas morreron, cinco permanecen desaparecidas e un millón de fogares ficaron sen electricidade.

Redacción - 18:45 28/02/2010
Hai vilas que ficaron asolagadas

Hai vilas que ficaron asolagadas

Polo menos 45 persoas morreron, cinco permanecen desaparecidas e un millón de fogares ficaron sen electricidade como consecuencia do paso do ciclón Xynthia por Francia, segundo o último balance que recollen medios locais. A borrasca procedente de Galiza e a Península Ibérica diríxese xa cara a Alemaña e o Benelux.

O litoral atlántico foi a zona máis afectada. Aos ventos de até 160 quilómetros por hora sumáronse os efectos de fortes mareas e chuvias de grande intensidade. Como consecuencia, producíronse inundacións, caída de árbores e postes da luz, viñéronse abaixo algúns tellados e rompéronse diques.

A rexión de Vendée é a máis afectada. Polo momento rexistrou 29 vítimas mortais. Segundo as autoridades locais, "o balance podería aumentar", no que foi un dos ciclóns máis violentos desde 1999. Aquí houbo ademais 25 feridos que tiveron que ser trasladados ao hospital.


Máis información:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: