Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Erosión das políticas de Igualdade

A Xunta retruca que se trata de acusacións "mezquinas e mentireiras"

A secretaría de Igualdade xustifica a reorganización da estrutura herdada do bipartito e di que o SGI "duplicaba funcións e gastos".

Redacción - 18:00 05/03/2010

"Herdamos dúas unidades cuxos cometidos son exactamente os mesmos e que serviron ao BNG para ter dúas persoas como altos cargos, con todos os gastos económicos que isto conleva", xustificou este venres a secretaria xeral de Igualdade, Marta González. Desde Nova York, onde asiste á 54ª sesión da Comisión Xurídica e Social da Muller da ONU, González dixo estar asombrada polo que definiu de "capacidade do BNG de retorcer a información ata convertela nunha mentira".

Para a secretaria xeral as acusacións do Bloque son "mezquinas" e "mentireiras", e rexeitou que a supresión do Servizo Galego de Igualdade (SGI) vaia supor un retroceso nas políticas de igualdade. Ademais defendeu que o PP "ten toda a lexitimidade para reorganizar a estrutura administrativa herdada do bipartito", e engadiu, "especialmente para obter máis transparencia, eficiencia e aforro". Asegurou González que o futuro modelo será "máis eficiente, lóxico e non suporá redución de recursos nin de servizos". "Será un avance na boa aplicación desas políticas, xa que facilitarán ás mulleres o acceso aos recurso", prometeu.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: