Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS IMAXES DIFUNDÍRONSE EN NUMEROSOS MEDIOS

A policía francesa confunde cinco bombeiros cataláns con membros dun comando de ETA

Os xendarmes distribuíron un vídeo no que se vían os funcionarios de compras nun supermercado. A Generalitat alertou do erro.

Redacción - 09:30 20/03/2010

Durante toda a xornada do venres, os grandes medios franceses e españois difundiron un vídeo facilitado pola policía gala na que se podían ver cinco presuntos membros de ETA. As autoridades querían que a cidadanía vise as imaxes para identificar o máis axiña posíbel os reponsábeis dun atentado que lle custou a vida a un xendarme. Mais as présas non foron boas. A Generalitat de Cataluña púxose en contacto cos dous gobernos para dar a voz de alarma: os individuos que aparecían no vídeo eran cinco bombeiros cataláns de vacacións en Dammarie-les-Ly, lugar onde un comando de ETA matou o policía.

A policía francesa xa recoñeceu o erro e pediu disculpas. Mentres, un operativo no que participan centos de xendarmes continúa en marcha na área de París para tratar de prender os membros de ETA que participaron no roubo de coches e logo mataron nun enfrontamento o policía francés.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: