Os partidarios de Nicolás Sarkozy temen que un forte pau nestes comicios provoquen unha grave crise nas filas do centrodereita.
Francia vive este domingo a segunda volta das eleccións rexionais. A participación pola mañá foi dous puntos superior á da primeira volta que estivo marcada pola enorme abstención (53,6%). Á espera de que se abran as urnas, todas as sondaxes danpor feito de que acode á cita unida (socialistas, verdes e comunistas) vai ser a gañadora duns comicios que poden representar un forte golpe para o partido de Nicolás Sarkozy. A dúbida é se o ultradereitista Frente Nacional vai colleitar os bos resultados que tivo na primeira volta (12% do total dos votos).
Os analistas consideran que unha vitoria rotunda da esquerda pode achanzarlle o camiño de cara ás eleccións presidenciais de 2012. Pola súa parte, Nicolás Sarkozy cruza os dedos para que a intensa mobilización que fixo o seu partido nos últimos días sirva para evitar unha derrota estrepitosa, que podería provocar unha crise política no goberno francés. Moi importantes van ser os resultados en Alsacia e Córsica (onde o voto nacionalista pode ser decisivo), tradicionais bastións do centrodereita que podería perder Sarkozy.
Poden ampliar en: Le Monde e Liberation
Novas da primeira volta en Vieiros: