Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRIUNFO HISTÓRICO

A esquerda francesa arrasa na segunda volta das rexionais

A unión de socialistas, verdes e comunistas lograron 18 puntos máis ca os conservadores de Sarkozy.

Redacción - 08:00 22/03/2010

Os resultados confirmaron o que xa apuntaban as enquisas nos últimos días: a fronte de esquerdas arrasou nas eleccións rexionais francesas. A unión de socialistas, verdes e comunistas logriu case o 54% dos votos fronte ao 35,5% que obtivo a UMP do presidente Sarkozy (centrodereita). O ultradereitista Frente Nacional de Le Pen, baixaría notabelmente con respecto á primeira volta (debido a que só tiña candidaturas en determinados distritos) pero, aínda así, tería o 8,7% dos sufraxios totais e obtivo porcentaxes de máis dun 18% nalgunhas rexións.

Dos 26 distritos electorais en liza, o centrodereita só logra gobernar en tres. O partido de Sarkozy a penas salva un dos históricos bastións conservadores (Alsacia). A abstención volveu ser moi elevada. Porén, nesta segunda volta a participación (51,5%) foi catro puntos superior á pasada fin de semana.

Aínda pendentes do escrutinio total, o primeiro ministro François Fillon xa recoñeceu unha derrota que vai ser moi dorosa para o centrodereita e sinalou que "acepta a súa parte de responsabilidade no resultado".

Autonomistas e independentistas sumarían perto do 36% dos votos en Córsica

Se as enquisas se confirman, as forzas autóctonas de Córsica lograrían uns resultados históricos. As sondaxes apuntan a que a forza autonomista Femu a Corsica lograría o 25,9% dos votos (sete puntos máis ca na primeira volta) mentres queos independentistas de Corsica Libera obterían un 9,85% (medio punto máis). A forza máis votadas desta nación sen estado sería a Union de la Gauche (36,6%) e a segunda a UMP de Sarkozy (27,6%)


Siga ao vivo os resultados por departamentos na TF1

Máis información en:


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: