Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acordo para a fusión de Caixa Galicia e Caixanova

"Sen o impulso político do BNG a fusión non tería lugar", valora Guillerme Vázquez

O voceiro nacional do BNG advirte de que a fusión é "necesaria", mais non "suficiente" para garantir que o aforro galego sirva aos intereses do país.

Redacción - 19:30 11/05/2010

"Acabamos de salvar o primeiro round", subliñou o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ao fío do acordo para a fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Para o portavoz nacionalista, "o segundo asalto é conxurar o perigo da nova lei estatal de caixas, que persegue a privatización destas entidades". Insistiu Guillerme Vázquez en que foi a súa formación a que "contribuíu decisivamente" a impulsar politicamente a fusión "en función exclusivamente dos intereses do noso país".

Novos desafíos por diante
"Valoramos positivamente o avance cara á fusión, pero tamén dicimos con toda clareza que garantir un futuro das caixas ao servizo da economía de Galiza non remata simplemente con conseguir a fusión", afirmou Vázquez.

O voceiro nacional do Bloque insistiu na idea de que a fusión non é un fin en si mesmo senón "un medio" para garantir que o centro de decisión das entidades fica en Galiza. Para o nacionalista, o chanzo seguinte é o desenvolvemento da lei de caixas, motivo polo cal lle solicita ao goberno español que retire o recurso de inconstitucionalidade contra a norma saída do Parlamento de Galicia. "Era un recurso contra a fusión, agora carece de sentido", avaliou.

De paso, avisou Guillerme Vázquez do perigo da reforma da lei estatal de caixas (LORCA) consensuada entre PSOE e PP. "Ou se impide que a a nova Lorca se consolide na dirección privatizadora pactada por Rajoy e Zapatero ou o obxectivo de que o aforro galego sirva a este país non se materializará", agoirou.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: