Nun prazo de tres anos o goberno galo agarda ingresar cinco mil millóns de euros co alleamento de bens.
O ministerio de Finanzas francés quere vender ou ceder de aquí a finais 2013 arredor de 1.700 propiedades estatais, agardando ingresar así arredor perto cinco mil millóns de euros que se destinarán a combater a débeda pública.
A chamativa decisión non é tan novidosa como poida parecer. Dende 2005, Francia emprega esta fórmula dunha maneira máis ou menos publicitada. Nestes cinco anos, estas vendas e cesións supuxeron ingresos superiores aos tres mil millóns de euros. Os compradores foron, na maior parte dos casos, magnates estranxeiros que restauraron os inmóbeis para convertelos en negocios como hoteis.