A nova emisora pública de TDT, estreada este domingo, pretende elaborar un informativo de ámbito nacional que emita para todo o país.
A programación de TV Brasil, a nova televisión dixital pública que entrou no aire este domingo, vai ser sometida a consultas e debates públicos para que, no marco de 2008, teña unha cara nova, baseada na opinión e na avaliación dos cidadáns.
A TV Brasil contará, segundo os seus dirixentes, con moita programación de produción independente e rexional, con temática informativa, programación infantil, documentais e deportes.
Mais o gran obxectivo é elaborar un telexornal de ámbito nacional, o Repórter Brasil, aínda que polo de agora a nova emisora non ten condicións técnicas para darlle cobertura a todos os estados, e só cobre Rio de Janeiro, Brasília e São Luís.
TV Brasil unifica a programación da TV Nacional e da TVE. Poden consultar máis información na web da canle.