Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Ibarretxe defende no Parlamento vasco o referendo

"A democracia é consultar e non impedirlle a unha sociedade que opine"

"Non divide quen pregunta, senón quen prohibe preguntar", dixo o lehendakari este venres na Cámara vasca, onde se votará a convocatoria de referendo.

Redacción - 12:00 27/06/2008

"As consultas fortalecen a democracia", subliñou Juan José Ibarretxe na súa intervención, "a violencia é dramática, pero preguntarlle á sociedade non". Ibarretxe insistiu en que o obxectivo do seu proxecto é "superar o bloqueo político e acadar a paz". Durante a defensa do seu proxecto de lei de consulta, reiterou que a iniciativa é "lexítima, legal e democrática" e afirmou que o referendo serviría para que os cidadáns "poñan á ETA no seu sitio".

Por outra parte, rexeitou que o goberno español ameazase con "paralizar a calquera prezo" a consulta. Na opinión do presidente vasco, a teima desde Madrid en "apelar constantemente aos tribunais para solucionar problemas políticos de convivencia" vai contra o "talante democrático" que afirma ter o executivo español. O lehendakari responde así á intención manifestada polo goberno español de recorrer a lei cando se aprobe en Euskadi. "Quen trate de impedir este camiño estaralle facendo un fraco favor á democracia e á solución do conflito vasco", dixo Ibarretxe, "a porta para que o pobo decida o seu futuro está aberta para sempre, e ninguén, por moitos impedimentos xurídicos, políticos e atrasos que queira interpoñer, logrará pechala".


O debate pode seguirse en directo desde a web da EiTB.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: