Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Traíñas

Somertolameu segue mandando

Venceron, por terceira vez consecutiva, na Pobra. Os da liga estatal tamén competiron esta fin de semana en augas galegas, coa rivalidade de Tirán e Cabo de Cruz.

Redacción - 11:59 07/07/2008
Os remeiros de Samertolameu

Os remeiros de Samertolameu

Na terceira proba da Liga e por terceira vez consecutiva, a S.D. Samertolameu volveu demostrar a súa superioridade cunha nova vitoria, nesta ocasión na II Bandeira Concello de A Pobra. O municipio coruñés asistiu de primeira man a unha nova exhibición da embarcación de Meira.

Tras o gañador, entrou Chapela, seguido de Rianxo (terceiro), o Náutico de Vigo, Mecos e Perillo.

E na Liga Estatal...
Os mellores equipos da primeira liga do Estado de Traíñas remaban este domingo pola Bandeira do Concello de Boiro, que finalmente gañou a tripulación de Castro Urdiales, nun cuarto largo explosivo.

Era a terceira xornada da competición, na que, por primeira vez se enfrontaban as dúas traíñas galegas, a de Cabo de Cruz e a de Tirán, e o duelo foi inmenso. A rivalidade das embarcacións galegas demostrouse de principio a fin na primeira quenda, e durante os catro largos crucenses e moañenses pelexaron ao límite. Ao final a proa dos anfitrións, Cabo de Cruz, entraba de primeira, a milímetros dos do Morrazo.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: