Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LAXE BRAVA

O Concello de Ribeira interporá un contencioso-administrativo perante o TSXG polo Plano Acuícola

O goberno local destaca a "postura de consenso" das forzas políticas do municipio.

Redacción - 11:18 20/09/2008

O Concello de Ribeira interporá un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a aprobación do Plan Galego de Acuicultura e, en concreto, pola inclusión da área de Laxe Brava, na parroquia de Corrubedo, entre as zonas susceptíbeis de acoller unha das trece novas piscifactorías previstas.

Tras facerse oficial este mércores o acordo adoptado no Consello da Xunta do 28 de agosto, a xunta local de goberno do ente local deu luz verde a esta decisión. Nun comunicado, o Goberno local destacou a "postura de consenso" das forzas políticas deste municipio coruñés que, segundo informou, consideran necesario facer "fronte común" contra a iniciativa.

Entre as principais razóns do recurso citou a súa proximidade ao Parque Natural integrado polo Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, que, ademais, linda cun espazo incluído na Rede Natura. Tamén incidiu en que o Plan Galego de Acuicultura é "contrario" ao desenvolvemento sostíibel previsto pola Administración local, que denuncia que a iniciativa non tivo en conta as consideracións ambientais nin impulsou un estudo "adecuado" do seu impacto ambiental, turístico, socioeconómico e marisqueiro.

Neste sentido, o Executivo municipal atribuíu á súa insistencia a eliminación do proxecto de ampliación da planta de Couso, en Aguiño, onde xa existe un centro de investigación acuícola.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: