Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Consello da Xunta

Política Lingüística colaborará con Preescolar na Casa no fomento do galego na infancia

A Fundación recibe 180 mil euros para o seu proxecto educativo destinado a nenas e nenos de até seis anos.

Redacción - 19:00 09/07/2009

O convenio aprobado este xoves polo Consello da Xunta en favor da Fundación Preescolar na Casa, apoiará o labor desta institución no despregue de diversos servizos de divulgación e orientación ás familias. Entre outros: reunións con familias antes do nacemento do fillo, xuntanzas de familias por comarcas, animación á lectura, préstamo de libros en galego ou divulgación de materiais en centros educativos, bibliotecas, concellos, centros de saúde ou maternidades.

Do mesmo xeito, Preescolar na Casa manterá a súa revista pedagóxica e os programas na televisión pública e en diferentes emisoras radiofónicas. A fundación organizará, xestionará e executará todas as actividades, incluída a contratación de persoal e os medios. Pola súa parte, a Secretaría Xeral de Política Lingüística supervisará a realización das actuacións, para o cal se constituirá unha comisión.

Preescolar na Casa desenvolve desde o ano 1977 un programa de educación no medio rural co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega durante os primeiros anos. Involucra agora mesmo a 4.300 familias do 90% dos concellos a través dos medios de comunicación. En 2008 o proxecto iniciara unha recollida de sinaturas en defensa da iniciativa, logo de que a Consellaría de Educación lles reducise á metade a axuda os dous últimos anos.


4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: