Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIAVA LEXISLATIVA POPULAR

Milleiros de sinaturas para volver Navantia á construción naval civil

A iniciativa parlamentaria, impulsada pola plataforma Rumbo 21 e que recabou 16 mil apoios, será debatida na Cámara antes de que remate o ano.

Redacción - 19:25 27/10/2009
Até 2015, a planta de Navantia de Fene non pode construir barcos civís

Até 2015, a planta de Navantia de Fene non pode construir barcos civís

A Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que reclama o fin do veto á construción naval civil en Navantia (Fene) será, previsibelmente, debatida antes de finais de ano no Parlamento. Así o adiantaron os membros de Rumbo 21, unha entidade que agrupa a empresarios e veciños e que xa recabaron un total de 16 mil sinaturas ao seu favor.

Nos cinco meses de campaña por toda Galiza, obtiveron máis de 18.500 sinaturas, das que foron validadas concretamente 16.623, o que supera as 15 mil exixidas para unha proposta parlamentaria. Este mércores serán presentadas perante o Parlamento, de xeito que se inicie o trámite para o seu debate. O 82% destes apoios correspóndense á zona de influencia da ría de Ferrol, o que indica a xuízo da plataforma, a "preocupación de toda a sociedade por recuperar algo que foi inxustamente arrebatado".

O 2010, un ano de oportunidades
A plataforma Rumbo 21 tamén formulou o seu desexo de que o Estado Español poida aproveitar a presidencia da Unión Europea durante o vindeiro ano para reabrir a negociación dos acordos do sector naval.

A ILP estabelece en concreto que a Xunta desenvolverá as actuacións precisas "para conseguir a volta das instalacións do estaleiro de Navantia en Fene á construción, reparación, reciclaxe ou transformación naval civil". Asemade, reclama que o sector sexa considerado estratéxico para a economía de Galiza, que se estabelezan programas específicos de fomento do sector e que se negocie co Estado a participación da Xunta de forma directa na xestión das empresas públicas estatais integradas na industria naval.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: