Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Eleccións en Brasil, este outono

A candidata de Lula reaxe

Axudada pola firmeza da economía local e dun crecente apoio do partido, Dilma Rousseff, recortou as distancias co líder opositor do PSDB.

Redacción - 09:45 06/02/2010
José Serra, do opositor PSDB

José Serra, do opositor PSDB

A candidata escollida polo presidente de Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, para as eleccións de outubro, Dilma Rousseff, está a acurtar a distancia que a separa do líder do Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB), José Serra, que chegou a ser até 30 puntos porcentuais.

Axudada pola firmeza da economía local e dun crecente apoio da súa formación, o Partido dos Trabalhadores (PT), a xefa de Gabinete de Lula está actualmente arredor de cinco puntos por baixo do gobernador de São Paulo, segundo unha sondaxe divulgada esta semana.

Serra ten perto do 33% e Rousseff un 28%, mentres que outros candidatos acumulan porcentaxes moito menores. As eleccións están programadas para o 3 de outubro e o gañador asumirá a presidencia o 1 de xaneiro de 2011.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: