Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PIB medra un 11,9% no primeiro trimestre

China inicia 2010 batendo rexistros económicos

Ao tempo, as novas do sismo nunha das zonas máis pobres do país aumentan a 600 a cifra de vítimas e a 10 mil o de feridos.

Redacción - 09:00 15/04/2010
Tags: China

O primeiro trimestre do ano chega con balance de crecemento intenso do Produto Interior Bruto (PIB) en China: un 11,9% nese treito, cifra que supera as previsións marcadas polos expertos e polo propio executivo. Un camiño que confirmaría que con probabilidade este ano China pasaría a ser a segunda economía do planeta, por diante de Xapón.

Na prensa económica, os expertos que seguen a evolución do xigante chinés atribúenlle estes números en parte á inxección de estímulo fiscal deseñada polo executivo chinés, cun incremento da confianza cidadá e do consumo. Con todo, ese elevado crecemento agocharía sombras de preocupación derivadas principalmente do que se ve como unha posíbel caída de China nunha burbulla inmobiliaria. Segundo os parámetros usados polo executivo chinés, arredor de 40 millóns de persoas viven por baixo do que se considera a barreira da pobreza no país, aínda que a administración chinesa anunciou o cambio do sistema, de xeito que a cifra real de pobres en China dobraríase até os 80 millóns de persoas.

Para ampliar:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: